Organizado pola Concellaría de Cultura de Compostela e pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, o Festival dos Abrazos nace coa vontade de ofrecerlles tanto aos creadores como á sociedade un espazo no que recoñecerse e no que coñecer outras culturas a través de propostas artísticas plurais.
Na organización deste novo festival colaboran a Concellaría de Promoción Económica e Turismo de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Universidade de Santiago, o Consorcio de Santiago e a asociación cultural Cidade Vella. |