O Festival dos Abrazos
     Quen o organiza
     Como participar
     Actualidade
     Santiago de Compostela
     Como chegar
     Por disciplinas
     Por días
     Por espazos
     Fotos
     Videos
 
   
O Festival dos Abrazos nace no mes de agosto de 2008 en Santiago de Compostela coa intención de redescubrir os espazos da cidade a través da creación artística. O clown e o novo circo, a música, a danza, o teatro, o cinema e as artes plásticas converten durante 31 días as rúas e prazas de Compostela, os seus parques e xardíns, no escenario dun abrazo entre a vangarda creativa da cidade e algunhas das máis singulares propostas culturais do mundo.

Santiago de Compostela é a fisterra cultural europea e sábese posuidora dunha riqueza patrimonial incalculábel que debe ser constantemente revisitada desde a arte. Isto é precisamente o que propón o Festival dos Abrazos: redescubrir Compostela a través do diálogo creativo, non só entre axentes culturais de diferentes disciplinas e lugares, senón tamén entre a arte e a cidadanía, entre a arte e o espazo no que se xenera, entre a arte e a identidade da que xorde e que contribúe a construir.