Festival dos Abrazos, creacción en intimo

Murmura Marica Campo: "Confeso que estou tola: eu vivo no tellado da casa e cando chove bebo a chuvia que cae e dela me alimento". Así, ebrios polos tellados vivimos Compostela os que sempre a transitamos. Fuxindo do balbordo, dos eternos estranxeiros desta terra que é granito. Sobre as tellas, desafiando as alturas das miradas alleas que nos intimidan e nos lembran que esta cidade nunca será nosa. Que sempre será de quen a anda. De cando en vez, cansamos de abeirar os soños polos desaugadoiros e descendemos, ao abrigo da lúa de camelias, para buscar aqueles recunchos non profanados, secretos, nosos. Confeso que estou tola: "Porque vén ser que alobo cando a lúa é máis grande e branquiamarelea na pupila do mundo. Daquela escoito músicas de tambores e frautas e bailo cos pés nús no cavorco da noite".
   Textos de Rosa Aneiros

Estacións de Paso

Parques e xardíns que rodean a cidade vella de Compostela, como o de Vistalegre, o de Belvís ou o de Bonaval. Espazos de lecer con moita personalidade que o festival transformará en escenarios de concertos, exposicións e outros espectáculos. Ver os Estacións de Paso

Campo Aberto

A cidade histórica de Compostela garda recunchos pouco coñecidos, que poucas veces figuran nas guías turísticas e que incluso moitos veciños descoñecen. Son xardíns como o de Fonseca, prazas como a da Oliveira e igrexas como a de Santa María do Camiño que o festival convida a descubrir desde o punto de vista da creación artística. Ver os Espazos Abertos

Séguenos en:

Créditos