O Festival dos Abrazos é un proxecto aberto, dinámico e imaxinativo que xorde coa vontade de medrar da man dos axentes culturais da cidade, ata converterse nun encontro imprescindíbel para a creación artística europea, nunha oportunidade única para compartir a nosa singulariedade coas outras culturas do mundo ao tempo que nos apropiamos para o futuro do espazo privilexiado no que vivimos. A intención dos organizadores é a de que o Festival dos Abrazos sirva de estímulo á creación, fomentando o nacemento de proxectos singulares vencellados á cidade e a súa contorna e promovendo a proximidade entre arte e sociedade.
Para participar en vindeiras edicións do Festival dos Abrazos, envíanos a túa proposta singular a
info@festivaldosabrazos.org |